CEG

 

A CEG aborda co presidente da Xunta os retos para a recta final da lexislatura en Galicia e as perspectivas do actual contexto económico e político

A CEG aborda co presidente da Xunta os retos para a recta final da lexislatura en Galicia e as perspectivas do actual contexto económico e político

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou un encontro co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para abordar a situación política actual e os retos aos que se enfronta a comunidade autónoma na recta final desta lexislatura, ademais da importancia que supón a presidencia do euro rexión Galicia-Norte de Portugal, "unha importante oportunidade para a cooperación e o desenvolvemento conxunto entre ambas as rexións".

O encontro supuxo un lugar onde compartir e departir sobre a situación de Galicia en particular e no contexto español e europeo, sen ser alleos á conxuntura actual, tras as eleccións do pasado día 23 de xullo, cuxo desenlace deberá producirse en agosto, en plena Presidencia española da UE, a poucos días do novo escenario que traerá o outono e sen perder de vista que as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Neste sentido, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, reiterou que se precisa estabilidade no marco de conformación dun novo Goberno para España. "Estamos a disposición do Goberno que puidese conformarse para traballar e cooperar en favor de medidas que garantan o maior nivel de estabilidade posible e tamén a moderación necesaria, imprescindible para a boa marcha da economía e o sostemento do benestar e a paz social".

Ademais de facer un repaso polas propostas empresariais enviadas a todos os partidos con representación en Galicia, Vieites aproveitou para falar da presidencia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. "Esta tarefa implica liderar iniciativas de cooperación, xestionar fondos europeos, promover proxectos conxuntos e fortalecer os lazos para impulsar o seu desenvolvemento conxunto en diversos ámbitos de interese común. Esta colaboración representa unha valiosa oportunidade para o crecemento económico e social de ambas as rexións no noroeste da Península Ibérica. Por iso, consideramos que a asunción da presidencia por parte de Galicia debe supor un acicate para impulsar sinerxías e proxectos que fortalezan ao euro rexión e sitúennos na UE como un hub estratéxico, máis aló da nosa situación xeográfica".

No encontro, organizado pola CEG participaron, ademais do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde do Concello de Baiona, Xesús Vázquez Almuiña; o director xeneral comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, entidade patrocinadora do evento, empresas do consello asesor da CEG e representantes de distintos sectores empresariais.
 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.