Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.
Cap. I: Nunca choveu que non escampara.
Cap. II: Outra vaca no millo.
Cap. III. Nin arre nin xo. Cap. IV. Malo será.
Cap. V. Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI. Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII. Tarde piaches!
• No dicionario galego, figura esta frase co significado de que alguén se decidiu demasiado tarde por algo (nun momento que non ten volta atrás, cando xa non é posible acadalo)
• No dicionario castelán, figura:
a versión mais estendida da orixe de esta expresión (tragar un ovo “empollado”, que xa ten un pitiño, un paxariño dentro), que conleva a imposibilidade de volver atrás.
outro matiz de significado: non atoparse a tempo do que sexa (como alternativa a chegar tarde).
A expresión “tarde piaches” (ou a súa variante mais longa “tarde piaches pito serodio”) úsase cando alguén se lembrou tarde dalgunha cousa e xa non ten posibilidades de conseguir o que se propoñía.
Tamén se utiliza cando unha queixa, unha reclamación, unha xustificación son tardías (de aí “serodio”), de xeito que resulta practicamente imposible atendelas, porque non se está a tempo de facer cambios (sería o equivalente a facer ou dicir algo “a toro pasado”).
Dito en castelán, é un “chegas tarde” con maiúsculas.
Ai!, pero se cho din en galego, aprende se queres para outra vez (e non insistas), porque a posibilidade de reclamación ou queixa é inexistente.
E como estamos no “apartado” de igualdade, avisamos: O recoñecemento da igualdade de talento, dereitos e oportunidades entre homes e mulleres (e, por extensión, de calquera persoa), é imparable; institucións, clase política, organizacións, entidades (todas cheas de mulleres e de homes), xa se sumaron ao carro da igualdade.
Porque ademais de necesario, é de xustiza.
Se non queres que a ti che digan “Tarde piaches!” porque perdiches talento, porque non es quen de atraelo, porque a túa organización non está á altura... súmate.
Xa!!
Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:
[email protected]
981 555 888