CEG

 

Emprego e orientación laboral

A Confederación de Empresarios de Galicia a través do Servizo de Formación, Orientación e Emprego (SERFOE) presta apoio e asesoramento ás persoas demandantes de emprego e que buscan a mellora das súas empregabilidade e ás empresas nos seus procesos de recrutamento, selección e contratación de persoal.

A CEG é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e ofrece axuda personalizada e individualizada no ámbito laboral, asesorando en materia de emprego tanto a persoas que busquen unha ocupación laboral como ás empresas que precisen apoio e asesoramento.

Con este servizo preténdese tamén impulsar o autoemprego co apoio a proxectos emprendedores a través do asesoramento individualizado.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.