CEG

 

Subvencións e axudas públicas

Prevención de Riscos Laborais - Lei 31/1995 2024

Resolución para a realización das actividades no ámbito da Prevención de Riscos Laborais, conforme á Lei 31/1995 do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, ao amparo da orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme á Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e procédese á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicio 2024.

Contratación de persoal técnico 2024

Resolución para contratación de persoal técnico ao amparo da orde do 22 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2024.

Consello Económico e Social de Galicia 2024

Resolución pola que se establece o procedemento de libramento e xustificación de fondos do concepto transferencias correntes a familias e institucións sen fins de lucro do orzamento do CES para o exercicio 2024.

Prevención de Riscos Laborais - Accións de fomento de PRL 2024

Resolución para a realización das accións de fomento da Prevención de Riscos Laborais, ao amparo da orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2024.

Gabinetes de Igualdade 2024

Resolución para a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos de igualdade, ao amparo da orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a brecha salarial e procédese á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2024.

Formación en diálogo social e negociación colectiva 2024

Resolución para a realización de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, ao amparo da orde do 8 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva e convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2024.

Prevención de Riscos Laborais - Lei 31/1995 2023-2024

Resolución para a realización das actividades no ámbito da Prevención de Riscos Laborais, conforme á Lei 31/1995 do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, ao amparo da orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme á Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e procédese á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2023 e 2024.

Contratación de persoal técnico 2023

Resolución para contratación de persoal técnico ao amparo da orde do 9 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2023.

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.