O próximo 8 de maio de 2025, ás 10:00 horas, terá lugar na sede da CEG unha Xornada sobre ciberseguridade para empresas, organizada por CEOE, Fundación CEOE e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Ditas entidades constituíron unha alianza para a posta en marcha dun Proxecto de Formación en Ciberseguridade para as Empresas Españolas, coa colaboración da Policía Nacional, a Garda Civil e a Fundación Hermes.
O obxectivo deste proxecto é fortalecer a protección dixital das nosas empresas, especialmente pemes, microempresas e autónomos mediante unha estratexia clara de formación, concienciación e sensibilización a través de xornadas e talleres de formación específica por todo o territorio nacional. Con tal motivo e en colaboración coa CEG desenvolverase na nosa sede unha Xornada á que nos gustaría convidarlle dado en interese desta.
Para participar, é necesario rexistrarse a través da seguinte ligazón:
https://formularios.fundacionceoe.es/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2959044
Os datos persoais que facilite serán utilizados para a xestión da súa inscrición. Para máis información sobre a protección dos datos: https://www.fundacionceoe.es/politica-privacidad/; https://www.fundacionceoe.es/aviso-legal/
Esperando que a iniciativa sexa do seu interese, reciba atentos saúdos.
XORNADA: +Ciberseguridade para as empresas
LUGAR: Sede da CEG (Santiago de Compostela, Rúa do Vilar, 54)
HORA: 10:00 a 13:30
8 de maio de 2025
10:00 a 13:30
Sede da CEG (Santiago de Compostela, Rúa do Vilar, 54)