CEG

 

Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados CONXEMAR 2024

Conxemar_2024

Outro ano máis, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizan, no marco da  Enterprise Europe Network, como membros do Consorcio EEN-GalacteaPlus,  un evento de reunións B2B virtuais que terá lugar do 23 de setembro ao 11 de outubro de 2024 no marco da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados CONXEMAR 2024

 

CONXEMAR é un dos máis relevantes eventos internacionais no ámbito dos produtos conxelados, que reúne a todo o sector da transformación: almacenistas, retallistas, exportadores, transformadores, fabricantes, distribuidores, cámaras frigoríficas, maquinaria, industria auxiliar (refrixeración, embalaxe, plásticos, etc.).  

Este evento online, permitirá ás empresas participantes dispor dunha axenda de reunións sen custo coas empresas previamente seleccionadas, que constituirá unha oportunidade única para:

                - Establecer contactos con posibles socios internacionais e nacionais

                - Coñecer novas tecnoloxías presentes no sector

                - Alcanzar acordos comerciais, de investigación e/ou tecnolóxicos

A participación non ten custo para as empresas grazas ao financiamento público da EEN que procede da Unión Europea.

O procedemento para participar é moi sinxelo:

1.       Facer o rexistro da empresa a través de enlace.  É importante indicar a súa dispoñibilidade horaria para a axenda de reunións.

2.       Debe incorporar no perfil, información da súa empresa e o seu interese de cooperación.
A información debe de ser clara e de interese para o posible socio.

3.       Explorar os perfís dos asistentes.

4.       Enviar e recibir solicitudes de reunión (é importante aceptar as reunións para que posteriormente se programen)

Xa está aberta a posibilidade de rexistro, permitindo completar os campos de interese e solicitar reunións ata o último día do evento (11 de outubro). Unha vez feito, recibirás tu axenda de reunións.

 

Presentación B2B Conxemar

Data

Do 23 de setembro ao 11 de outubro de 2024

Organiza
Axencia Galega de Innovación - GAIN
Confederación de Empresarios de Galicia
Conxemar
EEN-GalacteaPlus
Enterprise Europe Network
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.