SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN

O Sistema Interno de Información da CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA é o mecanismo implantado pola Confederación para a prevención e detección de condutas contrarias ás leis e á súa regulación interna, así como a protección das persoas que informen sobre estes comportamentos a través das canles internas habilitadas a tal fin.

Coa vontade de crear un Sistema Interno de Información accesible, poñemos ao dispor de todos os nosos membros e de calquera terceiros vinculados a nós por unha relación profesional un formulario en liña cuxo acceso está dispoñible na seguinte ligazón. Requirirase que as comunicacións presentadas sexan precisas na descrición das condutas que se desexan informar e, na medida do posible, sinalar ou acompañar probas ou indicios que permitan esclarecer os feitos que se comunican.

A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA garante unha correcta execución do procedemento para a xestión das comunicacións e a protección dos posibles informantes, de conformidade cos principios reitores recolleitos na Política interna para a xestión do Sistema Interno de Información. A recepción da comunicación e o acceso ao seu contido por todos aqueles autorizados para iso, así como a súa posterior tramitación, realizaranse de maneira confidencial, garantindo o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

 

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.