CEG

 

Nomeamento de novos cargos na Confederación de Empresarios de Galicia

Nomeamento de novos cargos na CEG

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou esta mañá de forma telemática senllas reunións de Comité Executivo e Xunta Directiva co obxectivo, entre outros, de aprobar os nomeamentos do secretario xeral, do tesoureiro e do contador; así como dos presidentes das comisións de traballo internas da organización empresarial.

Neste sentido, a proposta de Arsenio Fidel Prieto Martínez -director xerente de IFEVI (Instituto Feiral de Vigo)-, como secretario xeral da CEG, aprobouse no Comité Executivo e ratificouse na Xunta Directiva; mentres que as propostas de Juan Cancela Sánchez –actual tesoureiro da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)- e de María Luisa Martínez Arias –presidenta da Cámara de Contratistas de Galicia-, foron aprobados como tesoureiro e contadora da mesma, respectivamente, polos órganos directivos da CEG.

Así mesmo, reordénanse e reactívanse as comisións de traballo da organización empresarial galega –órganos de asesoramento da CEG para o estudo e análise da realidade socioeconómica de Galicia-, á fronte das cales se atoparán Jorge  Cebreiros Arce –presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP)-, como presidente da Comisión de Competitividade da Empresa Galega e Fondos da Unión Europea; Enrique Miguel  Mallón Otero - secretario da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime)-, á fronte da Comisión de Relacións Laborais, Formación e Emprego; Luciano Covelo Fandiño –presidente de AJE Galicia- á fronte da Comisión de Emprendemento; Francisco Couso Cantos –director rexional do Noroeste de  Carrefour– como presidente da Comisión de Dixitalización, Innovación e Economía Verde; e Manuel Jaime Martínez  Rapela –ex presidente da Confederación Empresarial de Ourense ( CEO)-, e Alejandro Cruz Iglesias –vicepresidente da  CEO-, como presidente e vicepresidente, respectivamente, da Comisión de Infraestruturas. 

Finalmente, intégranse no Comité Executivo como vogais de libre designación a proposta do presidente da CEG e en base ao artigo 20 dos Estatutos da CEG, os empresarios Ignacio Rivera Quintana, conselleiro delegado de Hijos de Rivera S.A.; e Carmen Lence Ferreiro,  CEO do Grupo Leite Río.

Juan Manuel Vieites presidiu o seu primeiro Comité Executivo e Xunta Directiva á fronte da organización empresarial galega nun clima de unión e de total transparencia entre os representantes das organizacións provinciais e asociacións sectoriais integradas.  

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.