COMUNICADO SOBRE A FOLGA XERAL 11-N
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) considera que os primeiros datos dispoñibles sobre o desenvolvemento da folga xeral convocada en Galicia apuntan a un seguimento limitado e desigual, con diferenzas significativas entre sectores produtivos e territorios, e unha incidencia máis acusada naqueles ámbitos con maior implantación sindical.
A media de seguimento da folga estimado foi de entre o 7-15%, con base nos datos proporcionados polas organizacións empresariais que facilitaron información e entendendo posibles variacións segundo sectores salvo lugares puntuais que poden ser algo maiores, pero moi lixeiramente.
Así mesmo, coa información dispoñible ata o mediodía, constátase que os servizos mínimos establecidos están a cumprirse, permitindo manter a prestación dos servizos esenciais.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, reiterou que “estamos diante dunha folga política que será un fracaso, porque non responde a un conflito laboral entre persoas empresarias e traballadoras”.
Vieites cuestionou o momento elixido para a súa celebración, coincidindo coa convocatoria de eleccións, e advertiu do compoñente de “oportunismo ideolóxico” que, ao seu xuízo, caracteriza esta mobilización.
O presidente do empresariado galego insistiu en que “as organizacións empresariais defenden o diálogo, a negociación e a procura de solucións concretas aos problemas económicos e sociais, fronte a convocatorias que trasladan ás empresas e aos traballadores o custo dunha confrontación que debería abordarse por outras vías”.
A CEG manifesta, no entanto, a súa preocupación polas incidencias puntuais rexistradas durante as primeiras horas da xornada, especialmente as dificultades de acceso a determinados polígonos industriais, que puideron obstaculizar a entrada de traballadores, provedores e mercancías e afectar ao normal funcionamento das empresas.
Condena expresamente “calquera acto vandálico, coacción ou actuación que vulnere a liberdade dos traballadores que desexan acudir aos seus postos e das empresas que queren desenvolver a súa actividade con normalidade”.
Vieites sinalou que “o dereito de folga é plenamente lexítimo e debe respectarse, pero tamén deben respectarse o dereito ao traballo, a liberdade de empresa e a liberdade de quen decidiu acudir hoxe aos seus postos de traballo. Ningún dereito pode exercerse impedindo o exercicio dos dereitos dos demais”.
A CEG lembra que “as empresas necesitan estabilidade, seguridade e certeza para manter a súa actividade, cumprir os seus compromisos con clientes e provedores e preservar o emprego. Calquera obstáculo inxustificado á mobilidade de persoas e mercancías xera prexuízos que afectan non só ás compañías, senón tamén ao conxunto da economía galega”.
Por iso, a Confederación fai un chamamento á responsabilidade e á normalidade, e reclama que se garanta o libre acceso aos centros de traballo e o cumprimento dos servizos mínimos establecidos.
Con respecto á información trasladada por CEOE reflicte que, pasadas las 8.00 horas, a redución da demanda eléctrica en España situábase ao redor do 10%, unha porcentaxe inferior ao rexistrado en anteriores xornadas de folga, en las que o descenso superou o 14%. Este indicador constitúe unha primeira referencia sobre o nivel de actividade e apunta a un impacto contido da convocatoria no conxunto da economía. A las 12.00 horas, a redución da demanda roldou o 5%, significativamente por baixo do dato de folgas anteriores. A tendencia, por tanto, apunta a unha normalización da demanda respecto a la dun día laborable normal.
A CEG continuará seguindo a evolución da xornada e solicitando información das organizacións empresariais para avaliar o alcance real da convocatoria e as súas posibles consecuencias sobre a actividade produtiva en Galicia.
A CEG lamenta profundamente o falecemento de Fátima Báñez e destaca a súa estreita relación co empresariado
Ler máisJuan Manuel Vieites presidirá o Consello Iberoamericano de CEOE
Ler máis
Contacta coa
CEG