CEG

 

Juan Manuel Vieites intervén na inauguración do I Gran Foro de Competitividade do Noroeste organizado por APD

Inauguración I Gran Foro de Competitividade do Noroeste

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, recoñeceu, no marco da súa intervención, que “non hai maneira de saír da crise se non é transformando o noso modelo produtivo”. “Neste sentido –manifestou-, a Unión Europea ha reaccionado de modo extraordinario e nun tempo récord ao  COVID e para as súas institucións, lanzando en apenas catro meses o Plan de investimentos máis ambicioso da súa historia -a través do  NEXT  GENERATION  EU-; 750.000 millóns de Euros que convivirán durante os primeiros anos do marco financeiro plurianual para 2021-2027”.

“Por tanto –continuou Vieites-, temos a posibilidade de acceder a recursos para afrontar os cambios e investimentos necesarios que apontoen a nosa competitividade futura e non nos podemos permitir o desaproveitalos”.

“Na Confederación de Empresarios de Galicia entendemos que o principio de asociación debe xogar un papel fundamental; a participación activa na planificación de todos os instrumentos a través dos que se canalicen durante os próximos anos os recursos que a UE poñerá ao dispor das empresas será fundamental para que respondan as necesidades reais do noso tecido produtivo e poidan ser aproveitados por estas”.

“Desde a CEG traballamos a día de hoxe intensamente niso e así seguiremos durante os próximos meses, participando a través do Diálogo Social na configuración dos proxectos que desde Galicia debamos promover para o seu financiamento polo Plan de Recuperación e  Resiliencia, colaborando tamén nos Comités de Seguimento dos Programas Operativos ( FSE e FEDER) vixentes e nos que se incorporan os Fondos  REACT  EU, así como no deseño dos Programas Operativos que articularán as medidas para desenvolver durante o período 2021-2027”.

“Desta forma a patronal galega aposta firmemente por apoiar ás empresas de Galicia nesa transformación en clave de maior competitividade, e por suposto, pola colaboración de xeito conxunto coa administración en crear condicións que favorezan dita transformación”, finalizou.

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.