A CEG traslada á nova reitora da USC, Rosa Mª. Crujeiras, o gran reto da universidade: “formar aos profesionais que necesitarán as nosas empresas para desempeñar ocupacións que hoxe aínda non existen”
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou un encontro coa reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa María Crujeiras.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, ha salientado que “a súa elección supón, sen dúbida, o recoñecemento a unha traxectoria académica e de xestión sólida, construída sobre o rigor, o compromiso coa universidade pública e unha profunda vinculación coa comunidade universitaria. Estamos convencidos de que esa experiencia será un activo fundamental para liderar unha etapa que se presenta apaixonante, pero tamén especialmente esixente”.
Tampouco quixo obviar a relevancia histórica de que sexa a primeira muller que asume o reitorado dunha universidade galega. “Este fito non responde unicamente a unha cuestión de representación, senón ao recoñecemento dunha traxectoria baseada na capacidade, o mérito, o coñecemento e o compromiso coa institución universitaria. A súa chegada ao reitorado simboliza tamén a importancia de seguir impulsando liderados femininos sólidos, preparados e transformadores, que achegan novas perspectivas e que demostran que o talento e a excelencia deben ser sempre os criterios que guíen a elección de quen ten a responsabilidade de liderar as nosas institucións”.
Con respecto aos retos máis relevantes entre universidade e empresa, desde o empresariado subliñouse como responsabilidade esencial da universidade “formar aos profesionais que necesitarán as nosas empresas dentro de cinco, dez ou quince anos, moitos deles para desempeñar ocupacións que hoxe aínda non existen”.














Vieites explica que “dende a CEG defendemos que a relación entre universidade e empresa non pode entenderse como dous mundos separados, senón como dous ámbitos complementarios que deben avanzar da man. Canto máis fluída sexa esa colaboración, maiores serán as oportunidades para os nosos mozos, máis competitivas serán as nosas empresas e máis forte será a nosa economía. Necesitamos que as titulacións evolucionen ao ritmo das necesidades produtivas, sen renunciar nunca á formación integral que caracteriza á universidade. Necesitamos máis espazos de colaboración entre investigadores e empresas, máis transferencia de coñecemento, máis innovación compartida e, por suposto, unha maior conexión entre a formación universitaria e a empregabilidade”.
Sobre a irrupción da intelixencia artificial han destacado que a colaboración entre universidade, centros de formación, administracións públicas e empresas resulta imprescindible. Vieites insiste en que a IA non substitúe ao talento humano; poténciao. “A verdadeira vantaxe competitiva seguirá estando nas persoas capaces de utilizar estas ferramentas con criterio, creatividade, ética e sentido da responsabilidade. Por iso, desde a CEG vimos defendendo unha aposta decidida pola formación permanente”.
Así pois, tamén engade que as empresas apostan por unha maior flexibilidade da oferta formativa, polo impulso das microcredenciales e de programas de especialización, por reforzar as competencias dixitais e tecnolóxicas, por fomentar a cultura emprendedora e a I+D+i, así como por avanzar cara a un modelo onde a empresa participe activamente no deseño e actualización dos contidos formativos.
“Cremos firmemente que formación e empresa deben camiñar xuntas. Porque só así conseguiremos responder a un dos grandes desafíos que compartimos: dispoñer do capital humano que necesita Galicia para competir, innovar e xerar prosperidade”, conclúe.
A CEG pide un gran pacto para impulsar a produtividade
Ler máis
Contacta coa
CEG