CEG

 

A CEG amosa a súa preocupación ante a posibilidade de que a próxima Lei de Orzamentos Xerais acabe coa exención do IVA aplicable aos servizos educativos e de atención hospitalaria

Final de exención do IVA en servizos educativos e de atención hospitalaria

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) súmase á preocupación manifestada polos sectores da Sanidade e da Educación ante a posibilidade de que a próxima Lei de Orzamentos Xerais do Estado acabe coa exención do IVE aplicable na actualidade aos servizos educativos e de atención hospitalaria cando se presten por unha entidade privada.

A patronal galega considera que se trata dunha medida negativa de xeito evidente, xa que por unha banda derivaría nunha redución na demanda de tales servizos por parte dos seus consumidores, tendo en conta sobre todo a etapa de recesión económica á que estamos a asistir na actualidade; e desde o punto de vista empresarial, supoñería un risco evidente de destrución de empresas e unha importante perda de centos de postos de traballo en Galicia.

Ademais débese ter en conta o incremento do gasto público anual derivado da necesidade de prestar eses mesmos servizos a aqueles individuos que abandonasen o sistema privado por mor desta modificación.

Así, a CEG considera que esta medida atenta contra o dereito fundamental á liberdade de elección dos cidadáns e dificulta a colaboración e a completitude dos servizos comentados, coa correspondente diminución na eficacia e na eficiencia dos mesmos.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.