17 de maio. Día das Letras Galegas 2024 

17 de maio. Día das Letras Galegas 2024 

Dende a primeira edición (1963), ano no que se escolleu a Rosalía de Castro, ata 2023, só cinco mulleres foran homenaxeadas: Francisa Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno Márquez (2018), Xela Arias (2021).

Sesenta anos despois, temos, en 2024, a sexta:  Luisa Villata Gómez (1957- 2004), coruñesa escritora, filóloga, profesora e violinista. Deixounos moi nova. Con só 46 anos levouna unha meninxite fulminante, mentres durmía. Descansa na cidade que amaba, con vistas ao mar que quería, no cemiterio de Santo Amaro.

Como escritora, tocou  novela, teatro, poesía e ensaio.

Como persoa, foi coñecida pola súa entrega desinteresada ao activismo cultural. 

E como intelectual cabe destacar a súa constante participación coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e tamén en debates, mesas redondas, recitais poéticos e actos e pronunciamentos públicos en favor da defensa e consolidación da lingua e a cultura galega como expresión xenuína de Galicia.

Dende o Gabinete de Igualdade da CEG queremos sinalar tamén a súa aportación nos debates do pensamento feminista na revista “Festa da palabra silenciada”, na que figuran dous artigos de Luisa Villalta nos que seica condensa o seu pensamento respecto ao feminismo:

•    “Mulleres si, pero”: no que explicaba que “faga o que faga algo me lembra sempre que son unha muller” e remata apelando á “inmensidade do espazo que temos para voar”.

•    “Por que os homes non nos len?: no que advertía sobre o que denomina “encerronas do feminismo” e  apuntaba: “O feminismo ten un campo de análise e actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada como un novo medio de aclimatar unha nova feminidade, isto é, mudar o necesario para que nada mude”. 

En resumo, animaba e instaba ás mulleres a que non se conformen, a que seguiran traballando polos seus dereitos.

Luisa, que saibas que se está facendo. Que se sigue avanzando...

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiación
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Utilizamos cookies en nuestro sitio web para admitir características técnicas que mejoran su experiencia de usuario

También utilizamos servicios de análisis y estadísticas.