CEG

 

III Edición A Igualdade, un activo para a empresa - 27/10/2022

III Edición «A igualdade, un activo para a empresa»

Conscientes da necesidade de impulsar e apoiar medidas que favorezan a equiparación entre mulleres e homes no ámbito empresarial e laboral, A Confederación de Empresarios de La Coruña, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia CEG, promove distintas actuacións dentro do seu Gabinete Técnico de Igualdade: Dende o asesoramento e apoio técnico ás empresas que solicitan este servizo ata actuacións de difusión e promoción de boas prácticas e visualización de mulleres pioneiras ou destacadas en sectores tradicionalmente masculinizados.

Neste eido, o xoves día 27 de outubro organiza a III edición A igualdade, un activo para a empresa; unha xornada na que analizaremos, coas empresas participantes, cuestións referentes á implantación das medidas de igualdade no eido laboral, as principais barreiras e dificultades ás que nos afrontamos para facelo, así como beneficios económicos e vantaxes competitivas que abranguen ditas medidas.

Mantense, así, o compromiso adquirido por esta Confederación en prol da igualdade de oportunidades como factor clave para a dinamización e desenvolvemento do tecido empresarial:

«A igualdade é a alma da liberdade»
Frances Wright

Fecha

27 de octubre de 2022

Hora

9:45h a 12:30h

Lugar

Sede de la CEC (Praza Luís Seoane, torre 1, entrepranta 15008 A Coruña)

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
Confederación de Empresarios de La Coruña
Formulario
TwitterFacebook

Utilizamos cookies en nuestro sitio web para admitir características técnicas que mejoran su experiencia de usuario

También utilizamos servicios de análisis y estadísticas.