gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Socialización diferencial versus Desigualdades de xénero

Socialización diferencial versus Desigualdades de xénero

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

➢ “Ata que non teñamos igualdade en educación, non teremos unha sociedade igualitaria”, Sonia Sotomayor, jueza estadounidense.

➢ “A igualdade das mulleres debe ser un compoñente central en calquera intento para resolver os problemas sociais, económicos e políticos”, Kofi Annan, ex secretario de la ONU.

Segundo a Teoría da Socialización Diferencial, adquirimos identidades diferenciadas de xénero que conlevan estilos cognitivos, actitudinais e conductuais, códigos morais e normas estereotípicas da conduta asignada a cada xénero.

Resultado?
Creación de normas estereotipadas que se asignan á conduta de cada persoa en referencia ao seu xénero.

Polo tanto, no fomento das desigualdades de xénero, a socialización diferencial é un factor clave. E un primeiro paso para camiñar cara a unha sociedade igualitaria é conseguir cambiar a cultura.

Para evitar a socialización diferencial é fundamental saber por que se produce e cales son as súas consecuencias.

Consecuencias:
 Sociedades pouco equilibradas
 Desigualdade de xénero

Estudos levados a cabo por especialistas na materia descubriron que se producen situacións singulares: 
o As actitudes máis igualitarias danse no colectivo feminino, tanto a nivel privado/doméstico como público, mentres que as actitudes masculinas e os seus valores son menos estables, máis volubles (e preocupa unha tendencia involucionista no colectivo adolescente nos últimos anos). 
o O nivel cultural é un claro baremo diferencial (canto máis elevado, máis igualitario móstrase en valores e actitudes). 
o A menor nivel educativo, máis estereotipados son os roles (homes incentivados para ser o sustento económico do fogar e mulleres reforzadas para que se encarguen das tarefas domésticas e de coidados).

Descobre o por que. Le todo o artígo, descárgao aquí!