gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > APROXIMACIÓN AO IMPACTO DOS PLANS DE IGUALDADE NAS EMPRESAS GALEGAS: RESULTADOS DUNHA ANÁLISE EXPLORATORIA

APROXIMACIÓN AO IMPACTO DOS PLANS DE IGUALDADE NAS EMPRESAS GALEGAS: RESULTADOS DUNHA ANÁLISE EXPLORATORIA

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Financiamento :

  • Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
  • Xunta de Galicia

Data :

2026

Formato :

  • Electrónico

Número de páxinas :

78

Este informe presenta os resultados dun estudo exploratorio sobre o impacto dos plans de igualdade nas empresas galegas.

O informe analiza a implantación, o seguimento, a avaliación e os principais resultados dos plans de igualdade cuxa vixencia rematou entre finais de 2025 e mediados de 2026, achegando unha aproximación ao seu impacto na xestión empresarial, na igualdade de oportunidades e na cultura organizativa.

Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da #CEG poñemos á disposición do tecido empresarial galego un servizo gratuíto de información, asesoramento e acompañamento técnico para facilitar a integración da igualdade como un elemento estratéxico da xestión empresarial. A través deste servizo, ofrécese apoio especializado na negociación, elaboración, implantación, seguimento, avaliación e renovación dos plans de igualdade, así como no deseño e desenvolvemento de medidas de igualdade nas empresas de menos de 50 persoas traballadoras, contribuíndo á construción de organizacións máis equitativas e competitivas.

📩 igualdade@ceg.es

☎️981 555 888