Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 36
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Editor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento :
- Comisión Europea - Fondo Social Europeo + (2021-2027)
Data :
2026Formato :
- Electrónico
Número de páxinas :
16O Boletín EURES-T nº 36 adica o seu monográfico ao recente acordo alcanzado para a revisión das normas de coordinación dos sistemas de Seguridade Social na Unión Europea. O artigo analiza as principais modificacións previstas en materia de prestacións por desemprego, traballadores desprazados, pluriactividade, prestacións por coidados de longa duración, acceso a prestacións sociais e prestacións familiares, destacando o seu impacto sobre a mobilidade laboral e a libre circulación de traballadores no espazo europeo.
A publicación aborda tamén as últimas novidades en materia de desprazamento de traballadores, cunha análise da futura declaración electrónica común impulsada pola Comisión Europea para simplificar os trámites administrativos entre Estados membros, así como da transposición por parte de Portugal da normativa europea relativa ao desprazamento de condutores profesionais por estrada, reforzando a coordinación e o control no transporte internacional.
Grazas á colaboración da Associação Empresarial do Distrito de Viana do Castelo, socia tamén do EURES-T, o boletín incorpora ademais unha reflexión sobre a necesidade de impulsar reformas estruturais en Portugal para mellorar a produtividade e a competitividade empresarial, tralo fracaso da reforma da lexislación laboral.
Inclúese igualmente a consulta dunha empresa relativa ao réxime aplicable aos traballadores transfronteirizos nacionais de terceiros Estados residentes en Portugal que desexen desenvolver unha actividade laboral ou profesional en España, explicando os requisitos e procedementos establecidos na normativa española de estranxeiría.
Como en números anteriores, o boletín incorpora un estudo actualizados dos principais indicadores do mercado laboral na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal durante o segundo semestre de 2025, xunto con unha análise das ocupacións e sectores con maior demanda de emprego en ambos territorios. Ademais, ofrécese información sobre oportunidades de cooperación empresarial internacional a través de Enterprise Europe Network (EEN)
Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 35
Ler máis
Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 34
Ler máis
Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 33
Ler máis
Contacta coa
CEG