Foro «Regreso ao futuro da prevención dos riscos laborais» – 26/10/2026
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración coa Xunta de Galicia e a Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales (SGPRL), organiza o Foro «Regreso ao futuro da prevención dos riscos laborais».
Con motivo do trixésimo aniversario da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e da declaración de 2026 como Ano da Seguridade e Saúde no Traballo, este foro propón unha reflexión sobre como evolucionou a sinistralidade laboral en Galicia nas últimas tres décadas e sobre os novos desafíos que expón unha contorna laboral en constante cambio.
Neste Foro contaremos coa participación de persoas expertas do ámbito público e empresarial, que compartirán estratexias, ferramentas e boas prácticas para mellorar a xestión preventiva e promover unha cultura organizacional baseada no benestar e a prevención. Ademais, presentaranse as conclusións dos grupos de traballo desenvolvidos no marco do foro.
Está dirixido a persoas traballadoras en activo e en situación de desemprego, empresarias e directivas, responsables de recursos humanos, técnicos e técnicas de prevención e, en xeral, a quen queira impulsar contornas laborais máis seguros, saudables e produtivos.
Asistencia gratuíta, previa inscripción
Modalidade: Presencial
Data: Luns, 26 de outubro de 2026
Hora: 9:30 a 13:30 horas
Lugar: Hotel NH Collection Santiago
Dirección: Av. do Burgo das Nacións 4, Santiago de Compostela
Organiza: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Colaboran: Xunta de Galicia e Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales (SGPRL)
Co financiamento de: Xunta de Galicia
Av. do Burgo das Nacións 4, Santiago de Compostela
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Xunta de Galicia
- Sociedad Gallega de Prevención de Riesgos Laborales (SGPRL)
Formulario de inscrición
I Foro Atlántico Transfronterizo – 14/10/2026
Ler máis
Xornada sobre Novidades no Ámbito Laboral e Orientacións para a Negociación Colectiva – 06/10/2026
Ler máis