gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Está a túa empresa preparada para instruír un caso de Acoso Sexual e por Razón de Sexo? – 09/04/2026
ImaxeXornadaAcoso-9bril2026

Está a túa empresa preparada para instruír un caso de Acoso Sexual e por Razón de Sexo? – 09/04/2026

Nos últimos anos, o marco legal e social en materia de acoso sexual e por razón de sexo no traballo reforzouse de forma significativa.

Este novo contexto implica maiores responsabilidades e tamén maiores riscos para as organizacións, que poden enfrontarse a sancións administrativas, responsabilidades en materia de prevención de riscos laborais, danos reputacionales e mesmo responsabilidades penais se non actúan adecuadamente.

Neste escenario, xa non basta con contar cun protocolo: é fundamental que as empresas saiban como aplicalo correctamente cando xorde un caso.

Esta xornada ten como obxectivo ofrecer unha visión práctica sobre como actuar desde o primeiro momento, garantindo a protección das persoas implicadas, o respecto aos dereitos de todas as partes e unha xestión adecuada que reduza riscos legais e contribúa a construír contornas laborais seguros e respectuosos.

PÚBLICO OBXECTIVO:
– Dirección e xerencia de empresa ou centro de traballo.
– Responsables de RR. HH. e Relacións Laborais.
– Responsables de prevención de riscos laborais (servizos propios e alleos).
– Membros da comisión de igualdade e persoas de referencia do protocolo.
– Representación legal das persoas traballadoras (comités, delegadas/os de persoal, delegadas/os sindicais).
– Recomendable para empresas de calquera tamaño obrigadas a contar con protocolo e especialmente para aquelas con Plan de Igualdade ou en procesos de negociación/actualización do seu protocolo.

Inscribirse
Data
Xoves, 9 de abril de 2026
Hora
10:30h - 13:30h
Lugar
Sede da CEG
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formulario de inscrición

    ¿Cómo se enterou da existencia desta actividade?
    Ver condicións para o tratamento dos seus datos
    Autorizo asemade a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.