CEG

 

A CEG amosa a súa enorme preocupación polos datos do paro tras a presentación polo INE do último informe da EPA

Datos da EPA do primeiro trimestre de 2020

A Confederación de Empresarios Galicia móstrase enormemente preocupada polos datos de paro do informe trimestral da EPA presentado onte polo INE, e que revela que Galicia destruíu 13.000 empregos entre xaneiro e marzo a causa do coronavirus e que o paro aumentou na comunidade en 11.000 persoas. Está claro que os datos de emprego marcan un punto de inflexión e anticipan un deterioro importante do mercado laboral polo  COVID-19.

Pero hai que ter en conta que este informe xa nace obsoleto, debido a que só ten en conta os datos da primeira quincena do confinamento, co cal as cifras a día de hoxe son moito máis dramáticas; e que non se teñen en conta nin aos afectados por ERTE, xa que se seguen considerando ocupados mentres a suspensión do contrato non supere os tres meses; nin a moitos que perderon o seu emprego que poden ser clasificados como inactivos porque ao non poder buscar activamente emprego polo peche, non cumpren as condicións para ser considerados parados.

Así, as cousas e se contamos aos afectados por un Expediente de Regulación de Emprego Temporal, cesamento de actividade ou desemprego, en España hai un 40% de poboación activa en situación de paro.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.