A Confederación de Empresarios de Galicia organiza esta xornada para abordar as dificultades que as empresas da Eurorrexión levan tempo percibindo á hora de contratar persoas traballadoras.
Con este propósito presentarase a nova ferramenta do Servizo Público de Emprego de Galicia para unha mellor sincronización da oferta e demanda de emprego. Tamén se abordará a normativa vixente para a contratación e xestión da mobilidade laboral de cidadáns de países terceiros.
Finalmente, os representantes dos sectores con maior mobilidade na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal compartirán as particularidades e dificultades que afrontan as empresas para atopar os perfís adecuados aos postos que necesitan cubrir.
Programa da xornada
6 de marzo de 2024