Refraneiro galego III: Nin arre nin xo

Refraneiro galego III: Nin arre nin xo

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

•    Capítulo I: Nunca choveu que non escampara
•    Capítulo II: Outra vaca no millo 
•    Capítulo III: Nin arre nin xo

Aínda que a variante máis usada é a do título, realmente a expresión completa sería: 
“Nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite”, referíndose ás formas de berrarlle ás cabalarías para empurralas ou para que se deteñan (bestas, burras, mulas, etc., é dicir, équidos que se utilizan habitualmente para ir montado neles ou como animais de tiro).

Sería o equivalente á expresión en castelán “ni tanto ni tan poco”, que, segundo o refraneiro español, refírese á necesidade de non esaxerar nunha determinada afirmación (en calquera dos sentidos), ou ao desexo de que a evolución dos acontecementos non se polarice (nin nun sentido nin no contrario).

En resumidas contas, o que ven dicir esta expresión galega é que os extremos nunca son axeitados, que o ideal é un termo medio, sen exaxerar nin por riba nin por baixo.

É un modo de recordar (e advertir) que, ás veces, unha aproximación “pendular” do pensamento ou a realidade sobre un tema concreto, fai que se pase dun extremo ao outro dun modo un tanto automático, sen un punto de equilibro que debería ter o proceso de razoamento. 

Isto tamén aplica no principio de igualdade.  En ocasións, unha mala comprensión (ou un mal uso) do principio de igualdade e non discriminación, ten levado a extremos absurdos. 

Falemos con sentidiño: nin todo o mundo é machista, nin todas as políticas de igualdade tratan de favorecer só as mulleres.

Porque a igualdade é un tema demasiado importante para que se use en disputas (como poden ser as políticas), que non teñan como obxectivo a promoción da liberdade, a convivencia, o benestar para todos e todas. 

Non é necesario “pisarlle” a igualdade a ninguén.

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete de  Igualdade:
[email protected]
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiación
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Utilizamos cookies en nuestro sitio web para admitir características técnicas que mejoran su experiencia de usuario

También utilizamos servicios de análisis y estadísticas.