Refraneiro galego: I. Nunca choveu que non escampara

Refraneiro galego:  I. Nunca choveu que non escampara

Como noutras ocasións, imos elaborar unha serie de capítulos co obxectivo de sensibilizar e concienciar en materia de igualdade. 

Para esta serie, tomaremos como “soporte” coñecidos refráns e expresións típicas de Galicia, que nos encantan, porque poderíase dicir que tamén “nos definen”; porque son verdadeiros tesouros culturais, transmitidos a través de xeracións, e que reflicten a sabedoría e experiencia do noso pobo. Todo un legado cultural que se converte en valiosas leccións (sempre vixentes) sobre valores tan importantes como a esperanza, o optimismo, a adaptabilidade, a resistencia, a resiliencia, etc.

  • Neste I capítulo: Nunca choveu que non escampase 

Tradución literal ao castelán:  “Nunca llovió que no escampase”.
Ven sendo equiparable ao refrán castelán: “No hay mal que cien años dure”, pero cunha connotación de maior esperanza de que a “mala racha” non dure moito.

Puro testemuño do optimismo e a resiliencia arraigadas na nosa máxica terra.

Porque nun territorio tan afeito á choiva, ven a dicir que as etapas malas non duran sempre, que teñen un final. Transmite a valiosa idea de que, por más intensa que sexa “a tormenta”, pasará, e tras dela, chegará o sol.

Frase chea de esperanza, que nos recorda que incluso tras os momentos máis escuros, acaba asomando a luz no horizonte.

Tamén se usa para cando “a tormenta” fai referencia a alguén que está cun enfado moi forte, recordando que se lle acabará pasando, e, como a choiva, acabará remitindo.

Como resumo: unha mensaxe que inculca o beneficioso que resulta manter a calma, a paciencia, a enteireza e a esperanza para afrontar as dificultades e esperar tempos mellores.

E xa que que o obxectivo é falar de igualdade de xénero, e que esta expresión está moi unida á natureza, aproveitamos para recordar á muller do rural galego. 

Porque neste ámbito, os costumes e as tradicións fortemente arraigadas fixeron aínda mais difíciles os cambios, e as mulleres das aldeas galegas tiveron que enfrontarse a  moitas barreiras sociais e culturais para poder avanzar, aínda despois da chegada da democracia e cunha Constitución (1978) na que xa se recoñecía a igualdade de dereitos para toda a cidadanía.

Nas últimas décadas acadáronse avances significativos, e agora elas participan de forma activa na vida social e económica. 

No rural, cada vez son mais as cooperativas lideradas por mulleres. 

A historia das aldeas galegas é una historia de resiliencia e de esperanza, como ven resume a expresión obxecto deste artigo. 

Percorreuse un longo camiño, pero aínda queda moito por facer, segue a ser necesario traballar na erradicación das desigualdades persistentes e na construción dunha sociedade mais xusta. 

Pois iso, forza rapazas, que “nunca choveu que non escampase”.

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete de  Igualdade:

[email protected]
981 555 888

Descarga aquí o artigo completo!
 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiación
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Utilizamos cookies en nuestro sitio web para admitir características técnicas que mejoran su experiencia de usuario

También utilizamos servicios de análisis y estadísticas.