Presentación da Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva
A Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu esta mañá o acto de presentación da “Guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva”, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Este documento, elaborado pola Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva (CCAINC) –da que forman parte tres representantes das organizacións sindicais UGT-Galicia, CIG e CCOO de Galicia; e tres persoas en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)-, supón a actualización da guía elaborada por dito órgano de asesoramento, control e promoción da negociación colectiva galega en 2011 e que pretende responder aos maiores coñecementos e experiencias na materia, a unha necesaria mellora na calidade da negociación colectiva e á consecución de resultados constatables.
O mesmo acto serviu para presentar o “Estudo sobre a aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva en Galicia”, encargado en 2017 pola CCAINC a un equipo multidisciplinar de persoas expertas.

CEPYME y CEG reiteran su compromiso en la defensa firme de las pymes
Leer mas
A CEG achega ás empresas, en Mindtech Vigo, o labor dos seus distintos servizos
Leer mas
Contacta coa
CEG