CEG

 

A organización empresarial galega rexeita o "mazazo fiscal” do novo sistema de cotización que propón o Goberno para os autónomos

Cotizacións autónomos

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) rexeita frontalmente o “machadazo fiscal” do novo sistema de cotización por ingresos que o Executivo ten previsto aprobar para os máis de tres millóns de autónomos existentes en España, ao redor de 210.000 en Galicia, ao que cualifica de  confiscatorio e inxusto porque -en función do tramo- sumando cotas sociais e IRPF, algúns autónomos chegarán a pagar máis do 50% dos seus ingresos.

Ademais, hai que ter en conta que os traballadores por conta propia non só deben facer fronte aos gastos de funcionamento do seu negocio como o alugueiro do local, o material de oficina, a luz ou a auga senón que tamén dispoñer dun remanente para posibles necesidades que xurdan en torno ao mesmo.

A Confederación de Empresarios de Galicia considera que de levarse a cabo esta proposta pode ser a puntilla definitiva para miles de profesionais e negocios en Galicia e en España, que levan máis dun ano soportando unha situación extrema.

Esta proposta unicamente servirá para empobrecer e/ou arruinar ao autónomo e  desmotivar a actividade empresarial.

A organización empresarial galega considera que o sistema de cotización debe ser xusto, equilibrado e que debe prevalecer en todo momento o non danar ao tecido produtivo, e para iso está claro que calquera modificación debe pasar polo necesario consenso no diálogo social.
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.