CEG

 

A organización empresarial galega reclama ao Executivo que estableza canto antes normas claras sobre a xestión dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, xunto cos catro vicepresidentes da organización
Foto de grupo tras a celebración da reunión conxunta de Comité Ejecutivo e Xunta Directiva da CEG
Juan Manuel Vieites e Antonio Fontenla ofrecen unha rolda de prensa tras a celebración das reunións dos órganos directivos da CEG
Empresarios de toda Galicia visitan o Porto Exterior de A Coruña en Punta Langosteira
Os presidentes da CEG e da CEC son recibidos pola alcaldesa de A Coruña, Inés Rey

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) considera que é imprescindible contar canto antes con normas claras que faciliten a xestión dos proxectos aprobados e que se vaian a financiar cos fondos da Unión Europea e particularmente cos do Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia co fin de aclarar o papel para desenvolver por cada unha das administracións implicadas, os criterios de repartición e os mecanismos e procedementos para que as empresas concorran coas súas propostas.

Así o reclama ao Executivo tras a reunión conxunta do Comité Executivo e da Xunta Directiva celebrada esta mañá  telemáticamente desde a sede da Confederación de Empresarios da Coruña, consciente ademais de que as disposicións  regulatorias que regulen estes fondos deben reducir ao mínimo a tramitación e as cargas burocráticas, evitando solapamentos e coa maior coordinación entre administracións implicadas; reducir os tempos de tramitación e resposta por parte das administracións ás propostas das empresas; establecer marcos flexibles e abertos que permitan o encaixe dos proxectos que sexan viables e teñan calidade suficiente por parte das empresas; así como aproveitar as posibilidades que ofrece a normativa comunitaria para que as axudas sexan atractivas en termos de cofinanciamento, gastos  elegibles, sistemas de xustificación ou de requisitos e obrigacións esixibles.

Así mesmo, e tendo en conta que o peso das pemes e  microempresas suman o 96% do tecido produtivo galego, é imprescindible habilitar mecanismos que faciliten a súa concorrencia e presentación de proxectos ou a súa incorporación e participación en proxectos tractores de maior dimensión.

En todo caso, a patronal galega mantén que as empresas e as súas organizacións deberían ser consultadas pola administración pertinente en cada caso e manter un diálogo permanente para garantir que a normativa que regule as axudas responda as necesidades reais dos potenciais beneficiarios.

A reunión foi dirixida por Juan Manuel Vieites, presidente da CEG, que estivo acompañado polos catro vicepresidentes da organización empresarial galega: Antonio Fontenla, presidente da CEC; Jaime López, secretario xeral da  CEL; Marisol Novoa, presidenta da  CEO; e Jorge  Cebreiros, presidente da CEP.

Tras a celebración do encontro telemático, Vieites fixo balance nunha  comparencia pública dos tres meses que leva á fronte da organización empresarial galega dando conta de “a boa marcha da CEG” e do “ambiente de unidade empresarial que se respira, único escenario posible para defender con éxito os intereses xerais do empresariado galego”.

Nesta liña, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia explicou que durante este período “a CEG foi a casa do empresariado galego para todo aquel que nos quixo trasladar as súas preocupacións ou brindarnos o desenvolvemento de actuacións conxuntas”; ao mesmo tempo que mantivo encontros con practicamente os titulares de todas as consellerías da Xunta de Galicia para trasladarlles as preocupacións e demandas do tecido produtivo relativas e de competencia de cada departamento, brindándolles a colaboración e liña directa coa entidade para traballar na súa solución e na posta en marcha de actuacións que combinen a adopción das medidas necesarias en materia fiscal, económica ou laboral que garantan a supervivencia de o maior número de empresas posible neste escenario de crise coa transformación do modelo produtivo galego.

Finalmente, Juan Vieites aludiu ás actuacións que se están realizando na organización a nivel interno e é que “ estamos a traballar en reforzar o papel do noso Consello Asesor, dándolle maior participación aos representantes das empresas que o integran e incrementando o número de compañías representadas; e reactivamos e xa se celebraron as primeiras reunións das seis Comisións de Traballo integradas na organización empresarial, encargadas do estudo e do debate dos asuntos sectoriais e de política económica que posteriormente serven de base para a nosa actuación, e que se ocupan de Relacións Laborais, Formación e Emprego; Emprendemento; Competitividade e Fondos da Unión Europea; Dixitalización, Economía Verde e Innovación; Infraestruturas e Internacionalización.

Pola súa banda, o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, resaltou a “unidade dos empresarios e empresarias galegas nestes momentos en que é necesario máis que nunca que a CEG sexa unha voz forte que represente os intereses do tecido produtivo de Galicia”. “Un total de 8.481 grandes empresas teñen a súa sede nesta provincia, cunha facturación conxunta de 64.992 millóns de euros, o que supón máis do 50% da riqueza de toda Galicia. É responsabilidade da CEC e por extensión da CEG darlles a mellor representación”, engadiu Fontenla.

Visita ao Porto Exterior e reunión coa alcaldesa da Coruña

Aproveitando a estancia na Coruña, os presidentes da CEG e da CEC, xunto aos tres restantes vicepresidentes da patronal galega, visitaron o Porto Exterior de Punta Langosteira acompañados polo presidente da Autoridade Portuaria da cidade herculina, Martín Fernández Prado.
Por último, Juan Vieites e Antonio Fontenla mantiveron un encontro coa alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, á que entregaron un documento que recolle as principais demandas económicas e empresariais que durante anos foron reclamadas desde a Confederación de Empresarios da Coruña para impulsar o tecido produtivo desta cidade e con cuxo xesto a CEG pretende simbolizar o seu total apoio ás mesmas. Estas demandas pasan pola intensificación da colaboración entre a CEC e o Concello da Coruña, a optimización de axudas e outras iniciativas de apoio ás empresas e persoas máis afectadas pola pandemia, simplificación administrativa na tramitación, así como as demandas en infraestruturas pendentes, entre outros  tem

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.