CEG

 

A CEG rexeita o establecemento de peaxes en autovías e a súa extensión ao resto de estradas convencionais

Peaxes

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) rexeita con contundencia o establecemento dun mecanismo de pago polo uso da rede estatal de alta capacidade (autovías e autoestradas) a partir do ano 2024, pero que tamén contempla a posible extensión desa peaxe a todas as estradas de gran capacidade do país, tanto nacionais como rexionais, tal e como consta no Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia remitido polo Executivo a Bruxelas.

A CEG considera que a imposición desta medida pode derivar no desvío de tráfico a vías convencionais de peor estado co consecuente risco de incremento no número de accidentes de tráfico e a consecuente perda de tempo tanto para os usuarios particulares como para os transportistas, que contribúe a prexudicar aínda máis a competitividade das empresas galegas, danando a xa maltreita economía e implicando o posible peche dalgunhas das mesmas.

Ademais, hai que ter en conta o déficit en infraestruturas que sofren determinadas zonas da comunidade autónoma, desde a cales só é posible desprazarse a través de autovías; e a falta en moitos casos dun sistema de transporte público adecuado e alternativo ao desprazamento en medios particulares.

Partindo da base de que España  detenta unha fiscalidade máis  gravosa que en Europa e que nos atopamos no medio dunha recesión provocada pola crise do Covid-19, consideramos que subir os impostos –do tipo que sexa-, supoñería un lastre para a recuperación e a creación de emprego.

A prioridade para consolidar as finanzas públicas pasa nestes momentos pola loita contra a economía mergullada e a mellora da eficiencia do gasto público.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.