CEG

 

A CEG reúnese co presidente de CEOE e analiza o escenario actual e as perspectivas para os próximos meses

La CEG se reúne con el presidente de CEOE y analiza el escenario actual y las perspectivas para los próximos meses

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou un encontro empresarial, no que as empresas que conforman o Consello Asesor e as organizacións integradas han compartido e debatido sobre diferentes asuntos de actualidade co presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi. 

O evento desenvolveuse en Santiago de Compostela, co patrocinio do Banco Sabadell, contou coa presenza da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.

O director xeral de Sabadell Galego e director xeneral adxunto de Banco Sabadell, Pablo Junceda, encargouse de presentar ao presidente de CEOE e durante a súa intervención asegurou "a nosa relación coas empresas ten que basearse, como é lóxico, nun coñecemento profundo da vosa realidade, e na nosa capacidade para dar as mellores respostas; aquelas que solucionan os problemas".

Ademais fixo unha reflexión, "vivimos tempos convulsos nos que, en ocasións, téntase facer empresa desde onde non debe facerse, porque a política é unha cousa -sen dúbida importante- pero a empresa é algo completamente distinto. Acabámolo de ver hai apenas uns días: até se tenta acabar coa libre competencia (por exemplo no transporte), alegando que os prezos que pon o empresario son demasiado baratos, aínda que estes prezos beneficien aos consumidores! Un sinsentido que non fai máis que asombrarnos aos que pensamos que a liberdade de empresa é clave nunha sociedade moderna e que os empresarios son a verdadeira solución aos problemas aos que nos enfrontamos".

Así mesmo, incidiu en que "aos empresarios, como di Antonio Garamendi, habería que porlles nun pedestal e desterrar a idea de que o éxito é sospeitoso".

Por outra banda, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, lembrou que "a nivel empresarial, en Galicia, existe unha gran preocupación ante a desaceleración da actividade económica e os incrementos dos custos laborais, financeiros e de produción, o cal supón un risco para o mercado de traballo e a economía en xeral".
 
No encontro recapitulouse a actualidade económica e empresarial. "Fíxose máis evidente a falta de man de obra en numerosos sectores que non deixaron desenvolver proxectos e servizos en todo o seu potencial, paradoxalmente coincidindo cuns niveis de desemprego elevados. E o absentismo segue en niveis insustentables para as empresas, xerando unha importante perda de competitividade", afirmou Vieites.

Desde a Confederación de Empresarios de Galicia, inciden, como se fai desde CEOE, na necesidade de alixeirar as cargas para as empresas, a redución da presión fiscal e as cotizacións sociais, a burocracia e os tempos de tramitación de posta en marcha e financiamento de proxectos empresariais.  

Vieites reflexiona sobre a "falta de protagonismo do Diálogo Social na toma de decisións importantes e en particular o non contar coa opinión dos empresarios e coa súa realidade, como pasou recentemente coa fixación do SMI para 2024. 

A seguridade xurídica e un espazo no que as administracións traballen á beira das empresas desde o rigor e a axilidade para pór en marcha proxectos e promover a modernización e transformación das empresas xa existentes é clave".

Detalla que hai moito traballo por facer. "O recurso sistemático da gran maioría de autorizacións a parques eólicos en Galicia e o cuestionamiento da normativa española que regula as autorizacións, agora obxecto dunha cuestión prejudicial ante o Tribunal de Xustiza da UE non son bos sinais.

O recurso de inconstitucionalidade da normativa autonómica en materia de xestión e ordenación do litoral e o relanzamento dun regulamento da Lei de Costas xera tamén unha situación de incerteza que paraliza operacións e proxectos sobre instalacións en funcionamento e sobre novos proxectos". 

O presidente do empresariado galego asegura que "son dous exemplos da transcendencia de contar cun marco xurídico que xere confianza nos empresarios e investidores".

Doutra banda, sinala ao financiamento. "É preciso mobilizar do modo máis operativo posible os fondos europeos dispoñibles. Temos que ser máis áxiles e flexibles: dar maior protagonismo ás Comunidades Autónomas e ás entidades financeiras na xestión. Doutro xeito, non chegaremos aos obxectivos marcados para os devanditos fondos.

Para buscar solucións e para abordar todas estas temáticas, desde a CEG cremos que resulta imprescindible e por iso seguímola pondo en valor a unidade empresarial e CEOE representa esa unidade. Debemos reivindicar sempre o papel das empresas, que son a solución, non son o problema: todos debemos interiorizar e trasladar esa realidade".

Pola súa banda, o presidente de CEOE, Antonio Garamendi, manifestou a súa "preocupación polo estancamento do investimento" e puxo o foco na "incerteza" como a súa principal causa, facendo referencia á política económica e fiscal que soportan as empresas.

"Preocúpanos, porque o investimento é clave para o crecemento e para facer fronte ás transicións enerxética, dixital e do talento que teñen por diante as empresas para gañar competitividade", afirmou o presidente das empresas españolas, á vez que engadiu: "Para que despeguen os investimentos necesitamos un clima político e institucional favorable á empresa e ao desenvolvemento económico". 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.