Celebrada reunión do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para seguir avanzando no desenvolvemento do Plan Estratéxico "Galicia Avanza. Horizone 2020-2030" no que se abordaron de forma conxunta por parte dos representantes das empresas que integran este órgano consultivo da organización empresarial, os vicepresidentes e o presidente da CEG, as necesidades, problemáticas e desafíos actuais do tecido produtivo galego, co obxectivo de seguir avanzando no proceso de consolidación económica tras a pandemia e facer fronte ao cambio de modelo produtivo, e que posteriormente se lle trasladaron ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, presente igualmente no encontro.