A Confederación de Empresarios de Galicia inicia o 2025 organizando, no marco da Enterprise Europe Network, rede europea á que pertence como socia do consorcio Galactea Plus, un ciclo de cinco xornadas centradas na sostibilidade a desenvolver no primeiro semestre do ano. O obxectivo deste ciclo é informar, capacitar e fomentar prácticas sostibles que non só garantan o cumprimento normativo, senón que tamén reforcen a competitividade do tecido empresarial de Galicia.