Inciden en que "hai que contar coa participación das empresas na identificación das carencias tecnolóxicas e de infraestruturas ás que se enfrontan nos seus procesos de dixitalización, para deseñar accións que permitan ao tecido empresarial, especialmente ás pemes, adaptarse ao cambio tecnolóxico e aos novos modelos de negocio, formas de traballo e canles de distribución vinculados á dixitalización da sociedade".
Consideramos que a creación de mesas de traballo, na que todas as partes afectadas e baixo a coordinación da Consellería do Mar traballen en favor de obxectivos comúns, sería un instrumento de utilidade, a condición de que participen todas as partes implicadas e así llo propuxemos ao conselleiro. Nestas mesas debemos estar todos e por suposto as confrarías, ás que consideramos parte esencial na procura de solucións para recuperar os niveis de produción. En definitiva, trátase dunha proposta de cooperación e de xuntar esforzos ao redor dun obxectivo común.
As pemes están sometidas a retos de maneira constante que requiren de adaptación en materia normativa e isto inclúe tamén o ámbito da sostibilidade. Un aspecto positivo de ser das primeiras pemes en familiarizarse cos criterios ASG é que poderán dar cumprimento aos requirimentos, pero tamén adquirir un posicionamento de liderado respecto doutras.
Dende a CEG sinalan que "o novo solo industrial en Santiago tardará un tempo amplo, pero non será suficiente para cubrir a demanda. Faise preciso apelar á colaboración de todas as administracións implicadas para garantir o futuro dunha das áreas empresariais compostelás máis puxantes e na que tanto a elevada demanda inscrita nos últimos anos como a evolución das adxudicacións fan necesaria a ampliación da oferta de chan industrial".
Tanto dende a Xunta de Galicia como dende a CEG reivindican a baixada do IVE do peixe e se alían para lanzar campañas de promoción para incentivar o consumo.