gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Sustentabilidade social empresarial e benestar laboral

Sustentabilidade social empresarial e benestar laboral

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Se falamos de crecemento sustentable das empresas, e de igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral…debemos afacernos a manexar estes conceptos. Coñécelos?

Porque na nova Lei 7/2023, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, publicada no DOGA do 11 de decembro de 2023, veñen definidos no seu artigo 40:

a) Enténdese por sustentabilidade empresarial o modelo de xestión integral e a longo prazo que pretende lograr o crecemento sustentable, ético e equilibrado da empresa ou da entidade do terceiro sector, mediante a integración plena das dimensións económica, social e ambiental en cada estratexia, proceso e elemento da cadea de valor daquela, incidido en toda a súa cultura organizacional e na consecución de mellores índices de benestar laboral, así como a mellora e o avance das condicións económicas, sociais e ambientais da comunidade e do territorio en que se integre. 

b) Enténdese por sustentabilidade social empresarial aquela parte da sustentabilidade empresarial que integra plenamente na xestión e no funcionamento da empresa ou da entidade do terceiro sector as seguintes dimensións de actuación: 

1.    Interna: factores relativos á igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, a igualdade de xénero, a igualdade de retribución por un traballo do mesmo valor, a conciliación da vida privada e da vida laboral, a formación e o desenvolvemento das capacidades do seu persoal, o traballo saudable e seguro ou as medidas contra a violencia e o acoso que inciden na consecución de mellores índices de benestar laboral. 

2.    Externa: factores que, de acordo co principio de solidariedade e compromiso coas comunidades e contornos en que se insiren, favorecen o desenvolvemento local e a cohesión social e territorial. 

c) Enténdese por benestar laboral a mellora das condicións laborais e a calidade de vida das persoas traballadoras como consecuencia de a empresa ou a entidade do terceiro sector aplicar medidas de sustentabilidade social empresarial, principalmente na súa dimensión interna.

Precisas apoio técnico ou asesoramento?

Contacta co noso Gabinete: 
igualdade@ceg.es
981 555 888

 

También te puede interesar
17 de maio. Día das Letras Galegas 2024 
17 de Maio de 2024

17 de maio. Día das Letras Galegas 2024 

Leer mas
Refraneiro galego XII: E logo?!
14 de Abril de 2025

Refraneiro galego XII: E logo?!

Leer mas
Asimetrías de xénero
10 de Abril de 2023

Asimetrías de xénero

Leer mas