gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Socialización diferencial versus Desigualdades de xénero

Socialización diferencial versus Desigualdades de xénero

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

Socialización diferencial GALEGO.pdf

“Ata que non teñamos igualdade en educación, non teremos unha sociedade igualitaria”, Sonia Sotomayor, jueza estadounidense.

“A igualdade das mulleres debe ser un compoñente central en calquera intento para resolver os problemas sociais, económicos e políticos”, Kofi Annan, ex secretario de la ONU.

Segundo a Teoría da Socialización Diferencial, adquirimos identidades diferenciadas de xénero que conlevan estilos cognitivos, actitudinais e conductuais, códigos morais e normas estereotípicas da conduta asignada a cada xénero.

Resultado?
Creación de normas estereotipadas que se asignan á conduta de cada persoa en referencia ao seu xénero.

Polo tanto, no fomento das desigualdades de xénero, a socialización diferencial é un factor clave. E un primeiro paso para camiñar cara a unha sociedade igualitaria é conseguir cambiar a cultura.

Para evitar a socialización diferencial é fundamental saber por que se produce e cales son as súas consecuencias.

Consecuencias:
 Sociedades pouco equilibradas
 Desigualdade de xénero

Estudos levados a cabo por especialistas na materia descubriron que se producen situacións singulares: 
o As actitudes máis igualitarias danse no colectivo feminino, tanto a nivel privado/doméstico como público, mentres que as actitudes masculinas e os seus valores son menos estables, máis volubles (e preocupa unha tendencia involucionista no colectivo adolescente nos últimos anos). 
o O nivel cultural é un claro baremo diferencial (canto máis elevado, máis igualitario móstrase en valores e actitudes). 
o A menor nivel educativo, máis estereotipados son os roles (homes incentivados para ser o sustento económico do fogar e mulleres reforzadas para que se encarguen das tarefas domésticas e de coidados).

Descobre o por que. Le todo o artígo, descárgao aquí!
 

También te puede interesar
Traballo e vida privada
15 de Novembro de 2023

Traballo e vida privada

Leer mas