gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Recrutar con perspectiva de xénero

Recrutar con perspectiva de xénero

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Se queremos unha organización igualitaria, hai que comezar polo ingreso das persoas traballadoras. Tanto se é a propia empresa a que aborda os procesos de recrutamento, como se o deixa en mans de persoas expertas externas, debe asegurarse de que o proceso estará libre de prexuízos sexistas para poder garantir a igualdade de oportunidades e non discriminación para todas as persoas candidatas.

Como se pode acadar que os procesos sexan o mais neutros posible, para atraer e reter o mellor talento dispoñible?

Deixamos aquí algunhas directrices: 

    Garantindo accións formativas dirixidas ao equipo (preferiblemente mixto) de selección interno ou externo, en técnicas de selección non discriminatorias.
    Tendo unha definición neutra dos  postos de traballo  (con requisitos e tarefas). 
    Avaliando ás persoas que concorran aos procesos de selección en base aos requisitos do posto de traballo con obxectividade, transparencia e igualdade de oportunidades. 
    Facendo unha análise cega dos currículos vitae.
    Baseando a selección no mérito e as competencias para o desempeño do posto de traballo e non no sexo, idade ou outras circunstancias persoais ou familiares. 
    Usando parámetros e indicadores obxectivos para medir a adecuación das persoas candidatas ao posto de traballo
    Analizando os resultados das distintas  candidaturas (homes/mulleres) en todas as fases do proceso. Se aparecen indicios  de discriminación indirecta, poñer en marcha medidas de acción positiva.
    Tendo especial coidado no uso dunha linguaxe e imaxes non sexistas, nin estereotipadas. 
    Proxectando cara o exterior a importancia que se lle da na organización á igualdade de trato e oportunidades no ámbito laboral, para conseguir que o xénero subrepresentado na empresa, departamento ou posto de traballo, se presente a futuras convocatorias. 

Precisas axuda ou asesoramento?

Contacta con noso Gabinete:
igualdade@ceg.es                  
981 555 888

También te puede interesar