gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Punto de equilibrio

Punto de equilibrio

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

Punto de equilibrio. GALEGO.pdf

Documentos anexos :

Punto de equilibrio. GALEGO.pdf

Un dos obxectivos de impulsar a igualdade e implantar medidas de conciliación nas empresas (ben cun Plan de Igualdade ben con medidas alternativas), é que as persoas traballadoras poidan atopar un bo equilibrio entre a súa vida profesional e persoal, o que se redundará en persoais máis motivados e produtivas. 

A nivel individual traducirase en menos estrés, mellor saúde mental, e, por tanto, unha mellor calidade de vida. 

As empresas poden facilitar medidas, pero non poden facelo todo. 

Son as persoas traballadoras as que coñecen as súas necesidades e as súas circunstancias persoais concretas. 

Para lograr o equilibrio, é importante ter claro que significa, a súa importancia, e que cada persoa teña en conta determinadas premisas a nivel individual.

En que punto está o equilibrio? 

En España (segundo o índice para unha vida mellor creado pola OCDE), os/as traballadores/as dedicamos, de media, case 16 horas diarias ao coidado persoal (comer, durmir e lecer). 

Pero non hai medidas exactas. Isto non é “repostería”. Non é tan sinxelo como dividir ao 50%. 
A proporción ideal para lograr un bo equilibrio depende de cada persoa, e doutros factores (e non sempre os mesmos): a profesión, o nivel de esixencia do posto, o compromiso emocional que conleve, os horarios, o sistema de valores sociais e organizativos…

Descarga o artigo e leo completo.
 

También te puede interesar
Boas prácticas en materia de igualdade
16 de Novembro de 2021

Boas prácticas en materia de igualdade – 2021

Leer mas
Recrutar con perspectiva de xénero
20 de Decembro de 2023

Recrutar con perspectiva de xénero

Leer mas