Igualdade de xénero na empresa
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Editor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Formato :
- Electrónico
Información adicional :
Documentos anexos :
A igualdade de xénero nas empresas non significa que a organización contrate o mesmo número de mulleres e homes.
Está relacionado coas condicións de traballo dunhas e outros.
Refírese a que teñan os mesmos dereitos, oportunidades e responsabilidades dentro das organizacións. Que mulleres e homes poidan acceder ao emprego, mantelo e mellorar a súa carreira profesional e as súas posibilidades de promoción nas mesmas condicións.
E, por suposto, tamén se refire á igualdade salarial, que cobren o mesmo por un traballo de igual valor.
Atendendo ao que indica a Organización Internacional do Traballo (OIT) pódese considerar que existe igualdade de xénero nunha empresa se na mesma danse as seguintes condicións:
a. Fomento, desde a dirección da organización, da corresponsabilidade e mesmas condicións de flexibilidade laboral para a conciliación da vida laboral e familiar para mulleres e homes.
b. Igual remuneración por traballo de igual valor.
c. Igualdade de condicións de traballo.
d. Igualdade de trato no emprego.
e. Mesmas oportunidades para o acceso, a formación e o desenvolvemento profesional.
f. Mesmas oportunidades para a participación na negociación colectiva.
g. Mesmo nivel de participación na toma de decisións en todos os niveis da empresa.
Ademais, convén non esquecer o seguinte:
A inclusión de máis mulleres naqueles departamentos ou áreas nas que estean infrarrepresentadas, así como nos postos de dirección, responsabilidade e toma de decisións da organización, que permitirá integrar o punto de vista feminino e a ter presente a perspectiva de xénero
O importante papel que xogan, na consecución da igualdade, a sensibilización, concienciación e formación en materia de igualdade de xénero nas empresas.
Se necesitas asesoramento técnico, contacta co persoal do noso Gabinete de Igualdade.
igualdade@ceg.es
981 555 888

Refraneiro galego V: Estar na horta e non ver as verzas
Leer mas
Igualmente diferentes, pero non igualmente poderosas
Leer mas
17 de maio de 2023: Día das Letras Galegas
Leer mas
Contacta coa
CEG