gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Freno de emerxencia

Freno de emerxencia

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Documentos anexos :

Freno de emerxencia. GALEGO.pdf

O electronic brake assist (EBA) é o freado de emerxencia que, desde xullo de 2022, deben ter instalado de forma obrigatoria todos os vehículos de nova homologación.

E isto, que ten que ver coa Igualdade de oportunidades? Pois que a tecnoloxía EBA é para aplicar en caso de emerxencia. E a inxustiza histórica que presupón á muller inferior ao home, a violencia machista, a desigualdade en todos os ámbitos, tamén se considera unha situación de emerxencia que é necesario atallar e erradicar.

No ámbito laboral tradúcese en que o colectivo feminino está exposto a máis desemprego, máis temporalidade e parcialidade nos contratos, e menores salarios. En resumo, máis precariedade material e vital.

Que “freo de emerxencia” podemos utilizar neste ámbito? Aquel que axude a avanzar na consolidación dos dereitos de todos e todas, nun camiño cuxa meta sexa a consecución da igualdade real.

 A nivel educativo e social, actuar desde a infancia, promover o cambio a distintos niveis, para que nenas e nenos deixen de percibir de forma cotiá a desigualdade de xénero: nos medios de comunicación, nos libros de texto, entre as persoas coidadoras, na familia. 

 No ámbito laboral, a mellor forma é o compromiso das empresas e os cadros de persoal no fomento dunha cultura organizativa de carácter inclusivo, moi aberta e cunha contorna de traballo flexible e un clima laboral motivador, na que todo o mundo ten cabida polos seus méritos e a súa valía, independentemente do xénero, e, onde os valores de equidade sexan un piar fundamental.

Queres ler máis? Descarga o artigo e leo completo!

Tamén che pode interesar
Datos que indican desigualdade no ámbito laboral
12 de Decembro de 2023

Datos que indican desigualdade no ámbito laboral

Leer mas
Asimetrías de xénero
10 de Abril de 2023

Asimetrías de xénero

Leer mas