gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Está moi “verde” a desconexión dixital?

Está moi “verde” a desconexión dixital?

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

Desconexión dixital GAL.pdf

Documentos anexos :

Desconexión dixital GAL.pdf

O artigo 88 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), e o artigo 18 da Lei 10/2021, de 9 de xullo, de traballo a distancia, recollen, literalmente, o seguinte: 

1. Os traballadores e os empregados públicos terán dereito á desconexión dixital co fin de garantir, fóra do tempo de traballo legal ou convencionalmente establecido, o respecto do seu tempo de descanso, permisos e vacacións, así como da súa intimidade persoal e familiar. 

Todas as empresas, independentemente do volume de persoal ou do sector de actividade, están obrigadas a elaborar a súa política interna na que se definan as modalidades de exercicio do dereito á súa desconexión dixital.

A túa organización xa o ten feito? 
En calquera caso, convén lembrar os puntos seguintes:

  • A súa elaboración é obrigatoria, aínda que o Convenio de aplicación non regule nada sobre esta materia e, se o fai, haberá que telo en conta no seu contido. 
  • O mencionado art.88 da LOPDGDD indica que se deben realizar accións de formación e sensibilización (aínda que non establece nin cantas nin a súa duración mínima). 
  • Xa se publicaron Convenios Colectivos que regulan este dereito (ben recollendo literalmente o disposto na Lei Orgánica, ben establecendo, ademais do exercicio deste dereito, boas prácticas que as organizacións poderían implementar). 
  • Aínda hai pouca xurisprudencia sobre a materia, pero, á vista do que está a chegar aos tribunais, prevese cales serán os principais puntos de conflito:
  1. Contido e duración mínima das accións de sensibilización e formación. 
  2. Límites a este dereito. 
  3. Circunstancias excepcionais nas que o dereito non opera. 

Le todo o artigo! Descárgao aquí abaixo.

Gabinete técnico de Igualdade 

igualdade@ceg.es
981 555 888