Discriminación por erro e discriminación por asociación
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Editor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Formato :
- Electrónico
Documentos anexos :
Aínda que todos os protocolos fronte ao acoso deberían estar actualizados de acordo á nova normativa (como a Lei 15/2022 integral para a igualdade de trato e a non discriminación e o Convenio 190 da OIT, que entrou en vigor en maio de 2023), cónstanos que hai persoas que non coñecen novas definicións fundamentais do dereito discriminatorio español.
1. Discriminación por erro: aquela que se funda nunha apreciación incorrecta acerca das características da persoa ou persoas discriminadas.
2. Discriminación por asociación (ás veces denominada discriminación por vinculación, discriminación transferida, discriminación reflexa ou discriminación por interposición): aquela na que a circunstancia social ou persoal que motiva o trato pexorativo non concorre na persoa traballadora, senón nalgunha persoa achegada ou asociada á mesma. É dicir, para apreciar a discriminación non só aténdese a unha persoa, senón a dúas ou varias.
Le e descarga o artigo con exemplos aquí!
Necesitas axuda ou asesoramento?
Contacta co noso Gabinete Técnico:
igualdade@ceg.es
981 555 888

18 de setembro – Día Internacional da Igualdade Salarial
Ler máis
Ampliación permiso de nacemento e coidado, RD-Lei 9/2025
Ler máis
Conxunto planificado de medidas e protocolo de prevención do acoso e da violencia contra as persoas LGTBI
Ler máis
Contacta coa
CEG