gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Corresponsabilidade: A importancia de vencer resistencias

Corresponsabilidade: A importancia de vencer resistencias

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

Correspons.Resistencias. GALEGO.pdf

Segundo a definición do Instituto das mulleres, a corresponsabilidade é “a repartición equilibrada das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, tales como a súa organización, o coidado, a educación e o afecto de persoas dependentes dentro do fogar, co fin de distribuír de maneira xusta os tempos de vida de mulleres e homes”.  En termos xerais, falar de corresponsabilidade adoita “incomodar” a moitos homes.

Que sostén esta resistencia a prestar atención cando se lles convida, se lles require ou se lles interpela para que entendan a necesidade de que asuman as súas responsabilidades para lograr unha igualdade real?

Aínda que cada vez hai máis homes que se involucran nas tarefas domésticas e de coidados, a corresponsabilización é aínda claramente insuficiente para ser igualitaria, e os datos estatísticos mostran que os homes non se encargan nin da metade desas tarefas. Son labores necesarios, pero son fatigosas, esgotadoras, monótonas, aburridas… e moitos homes seguen procurando “zafarse”. 

Os estudos sobre a materia seguen indicando que, cando unha muller e un home (que eran “singels”) inician unha convivencia, ela empeora a súa calidade de vida e el mellóraa, o que significa que eles non se involucran na repartición, o que se traduciría nunha lóxica redución para ambos se compartisen as tarefas domésticas que antes realizaban por separado.

Resultado: 

    a perpetuación da “dobre xornada laboral” das mulleres traballadoras.
    que os homes (ao dedicar menos tempo a estas tarefas) dispoñan de enerxía (e tempo) para actividades de lecer, descanso, estudo e traballo, o que se traduce nun privilexio para eles e menores oportunidades para elas.

Que estratexias poderían ser eficaces para lograr que os homes deixen ao carón as resistencias e se comprometan coa corresponsabilidade?

•    Visibilizar os privilexios e os custos inherentes á masculinidade tradicional.
•    Xerar autoconcencia entre o colectivo masculino, traballando desde unha perspectiva persoal, pero aplicando a perspectiva de xénero. 
•    Enfrontar á sociedade no seu conxunto aos nesgos internos (en moitas ocasións inconscientes). 
•    Promover a responsabilidade dos homes cara ao cambio social.

No ámbito laboral, en España, dende a publicación da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a normativa posterior, profundouse en tentar conseguir a igualdade real, potenciado o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes integrando con este a ausencia de toda discriminación por razón de sexo e, especialmente, as derivada da maternidade, a asunción de obrigacións familiares e as do estado civil. 

Trátase dunha das normativas máis avanzadas no mundo occidental… pero aínda queda moito para conseguir esa anhelada paridade de xéneros.

E a corresponsabilidade é clave. Parece clara a necesidade (imperiosa) de que todo o mundo “reme” na mesma dirección para vencer as resistencias que aínda existen cara ao exercicio da corresponsabilidade e lograr unha igualdade real.

Descarga e le o artigo completo!

igualdade@ceg.es
981 555 888

También te puede interesar
Decálogo de prevención do acoso 
2 de Outubro de 2023

Decálogo de prevención do acoso 

Leer mas
Día Internacional da Muller Rural
14 de Outubro de 2022

Día Internacional da Muller Rural – 2022

Leer mas