Conxunto planificado de medidas e protocolo de prevención do acoso e da violencia contra as persoas LGTBI
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento :
- Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
- Xunta de Galicia
Data :
2025Formato :
- Electrónico
Cada ano, xuño convértese nun mes clave para visibilizar e conmemorar a loita polos dereitos e a igualdade das persoas LGTBI.
Desde o Gabinete de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), como axente económico fundamental, o noso compromiso tradúcese en asesorar ás nosas empresas para, entre outras cuestións:
- Evitar calquera tipo de discriminación nos procesos de selección, contratación e promoción.
- Fomentar contornas laborais inclusivas e seguras para todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, expresión ou identidade de xénero e características sexuais.
Destacamos especialmente dúas normas que cómpre ter moi presentes no ámbito laboral:
- Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
- RD 1026/2024, do 8 de outubro, polo que se desenvolve o conxunto planificado de medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTBI nas empresas.
No documento explicamos a súa aplicación práctica e compartimos exemplos de convenios colectivos que xa incorporaron medidas específicas para garantir a igualdade e a protección dos dereitos LGTBI.
Porque a diversidade e a inclusión son principios fundamentais para construír empresas e sociedades máis xustas e competitivas.
Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación Empresarial de Galicia, resolvemos calquera dúbida e prestamos asesoramento personalizado para fomentar a igualdade e a diversidade laboral. Non dubides en poñerte en contacto connosco.
☎ 981 555 888

Decálogo de prevención do acoso
Leer mas
Datas que fan historia – Efemérides pola igualdade de xénero
Leer mas
Discriminación por erro e discriminación por asociación
Leer mas
Contacta coa
CEG