Compendio de medidas a implantar nas empresas para impulsar a igualdade no ámbito laboral
Editor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento :
- Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
- Xunta de Galicia
Data :
2024Formato :
- Electrónico
Número de páxinas :
86Dende o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) elaboramos este documento, como ferramenta práctica enfocada a apoiar e acompañar ás pemes no proceso de incorporar accións que lles permitan contar cunha guía que lles axude a implementar medidas de igualdade e conciliación, adaptadas ás súas posibilidades e necesidades.
Levouse a cabo recompilando accións que xa se están levando a cabo en distintas organizacións, de diferentes sectores, e en distintas áreas de actuación. Desta forma, ademais de visualizar as accións que as nosas empresas xa están a implementar, (en moitos casos de forma voluntaria e espontánea), entendemos que servirá de orientación, tanto para a elaboración do Plan de Igualdade para empresas cun cadro de persoal igual ou superior a 50 persoas, como para a implantación de medidas alternativas naquelas que queiran subirse ao tren da igualdade e non teñan moi claro en que consiste.
Confiamos en que neste documento poidades atopar motivación e ideas para que a igualdade nas vosas empresas se converta nunha realidade, (máis aló do cumprimento coa normativa), que vos axude a conseguir equipos motivados e implicados, que contribuirán a mellorar a vosa produtividade, competitividade e a vosa imaxe corporativa.
I. Introdución
II. De que falamos?
III. Vantaxes para as Empresas/Organizacións
IV. Recompilación de medidas
- Área de recrutamento, selección e contratación
- Clasificación profesional, desenvolvemento de carreira e promoción profesional
- Formación
- Exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral
- Infrarrepresentación feminina
- Retribucións
- Saúde laboral e Prevención fronte o acoso no traballo
- Sensibilización e formación en materia de igualdade
- Comunicación e imaxe corporativa
- Violencia de xénero. Apoio ás vítimas
- Beneficios sociais e outras medidas que impulsen a igualdade
V. Anexos
Resolvemos calquera dúbida e prestamos asesoramento personalizado para fomentar a igualdade e a diversidade laboral. Non dubides en poñerte en contacto connosco.
☎ 981 555 888

Conxunto planificado de medidas e protocolo de prevención do acoso e da violencia contra as persoas LGTBI
Ler máis
50: O Número Clave que Marca a Diferencia na Igualdade Empresarial
Ler máis
Resolvendo dúbidas sobre o protocolo fronte ao acoso nos centros de traballo: resposta a 25 preguntas frecuentes
Ler máis
Contacta coa
CEG