gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 35

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 35

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Financiamento :

  • Comisión Europea - Fondo Social Europeo + (2021-2027)

Data :

2026

Formato :

  • Electrónico

Número de páxinas :

16

O Boletín EURES-T nº 35 dedica o seu monográfico ao 40º aniversario da adhesión de España e Portugal á Unión Europea, baixo o título “40 anos de España e Portugal na Unión Europea: a construción dun espazo eurorrexional atlántico”. O artigo analiza a transformación económica, social e territorial experimentada por ambos países dende 1986 e, de maneira especial, o impacto da integración europea na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, poñendo en valor o papel da política de cohesión, os programas de cooperación transfronteiriza e a consolidación de estruturas de gobernanza compartida como as AECT.

A publicación aborda tamén, grazas á colaboración de Associação Empresarial do Distrito de Viana do Castelo, socio tamén do EURES-T; o novo modelo de relación entre a Segurança Social portuguesa e os contribuíntes, orientado a simplificar e dixitalizar as obrigas empresariais, así como a recente actualización dos salarios mínimos en España e Portugal para 2026 no contexto da Unión Europea.

Inclúese tamén unha análise xurídica sobre a normativa aplicable á contratación de traballadores en Portugal por parte de empresas españolas, xunto con información sobre a consulta pública impulsada pola Comisión Europea para a futura Tarxeta Europea de Seguridade Social (ESSPASS), destinada a facilitar a mobilidade laboral na UE.

Como en números anteriores, o boletín incorpora un estudo actualizado dos principais indicadores do mercado laboral na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal durante o primeiro semestre de 2025, así como das ocupacións e sectores con maior demanda en ambos territorios.

Estas e outras novidades poden consultarse no Boletín nº 35.

Tamén lle pode interesar
Boletín EUREs-T Norte Portugal-Galicia Nº 32
21 de Outubro de 2025

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 34

Ler máis
Boletín EUREs-T Norte Portugal-Galicia Nº 33
30 de Maio de 2025

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 33

Ler máis
Boletín EUREs-T Norte Portugal-Galicia Nº 32
31 de Decembro de 2024

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 32

Ler máis