Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 34
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Editor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento :
- Comisión Europea - Fondo Social Europeo + (2021-2027)
Data :
2025Formato :
- Electrónico
Número de páxinas :
16Documentos anexos :
Nesta edición destácase a apertura do novo Consulado Xeral de Portugal en Vigo, un acontecemento que reforza os lazos históricos entre Galicia e Portugal e consolida un espazo duradeiro de cooperación institucional e económica no ámbito da Eurorrexión. Inclúese, ademais, un artigo asinado polo Ilmo. Sr. D. João Carlos Bezerra da Silva, Cónsul Xeral de Portugal en Galicia, no que se expón a relevancia desta nova sede consular e as oportunidades que ofrece para fomentar a colaboración e o desenvolvemento conxunto entre ambos os territorios.
O monográfico do boletín dedícase á proposta do novo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034, recentemente presentada pola Comisión Europea. O artigo realiza un percorrido polos distintos orzamentos a longo prazo que orientaron as finanzas da Unión Europea desde o denominado Paquete Delors I ata a actual proposta, e analiza as prioridades de financiamento e as oportunidades estratéxicas que definirán o desenvolvemento económico, social e territorial da Unión no próximo período de programación.
Por outra banda, con motivo da reforma laboral que prepara o Goberno portugués, orientada a modernizar e flexibilizar a lexislación laboral e a reforzar a competitividade empresarial, incorpórase un artigo elaborado pola Associação Empresarial do Distrito de Viana do Castelo, socio do EURES-T. Nel recóllense as diferentes posicións dos axentes sociais mentres a proposta continúa en fase de negociación e pendente de aprobación pola Asemblea da República.
Como en números anteriores, preséntase tamén unha análise dos principais indicadores de emprego na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que ofrece unha visión actualizada das tendencias do mercado laboral a ambos os dous lados da fronteira.
Estas e outras novidades poden consultarse no Boletín nº 34.
Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 33
Ler máis
Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 32
Ler máis
Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 31
Ler máis
Contacta coa
CEG