gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Asimetrías de xénero

Asimetrías de xénero

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

Asimetrías de xénero. GALEGO.pdf

Que é iso de asimetría de xénero? A perspectiva de xénero serve para identificar como se producen e reproducen relacións de xénero dentro de situacións concretas, e, nelas, visualizar e recoñecer a existencia de relacións xerárquicas e desiguais entre as persoas, que están determinadas polo xénero.  

Desde as últimas décadas do século XX a incorporación das mulleres españolas ao traballo asalariado foi masivo. 

A Organización Internacional do Traballo (OIT) sinala que esa tendencia de participación do colectivo feminino no mundo do traballo deuse a nivel mundial, pero cunha sobrerrepresentación do desemprego e a precariedade laboral.

A asimetría no ámbito laboral en xeral está marcada por factores persoais (formación e experiencia), tipo de traballo (nivel de responsabilidade) e posibilidade de acceso ao capital.

Estamos a avanzar? Sen dúbida. Pero seguimos estando lonxe dunha igualdade real.

Queres formar parte deste cambio tan necesario? Pois que saibas que todos e todas podemos participar (a nivel individual, empresarial, social) en acabar coas asimetrías de xénero e na construción de sociedades igualitarias.
 

 

También te puede interesar