gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > 50: O Número Clave que Marca a Diferencia na Igualdade Empresarial

50: O Número Clave que Marca a Diferencia na Igualdade Empresarial

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Financiamento :

  • Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
  • Xunta de Galicia

Data :

2025

Formato :

  • Electrónico

50 non é un aniversario… ¡pero si pode ser unha celebración para a túa empresa!

Achégase o 30 de xuño, unha data clave: ese día todas as empresas deben computar o seu cadro de persoal para saber se acadan o limiar das 50 persoas traballadoras, o número que marca o inicio da obriga legal de negociar e aplicar un Plan de Igualdade. O Real Decreto 901/2020 establece que debes sumar todas as modalidades de contratación, incluíndo temporais e persoal de ETT, así como contratos finalizados nos últimos seis meses. ¡Moitas empresas poden superar este limiar antes do esperado!

Queres saber como afecta isto á túa organización e que pasos debes seguir? Consulta a nota informativa completa na nosa web.

Se tes dúbidas sobre como computar o teu persoal, desde o Gabinete Técnico de Igualdade da CEG estamos para axudarche. Non dubides en consultarnos.

¡Non deixes pasar a oportunidade de cumprir coa normativa e avanzar en igualdade!

📨 igualdade@ceg.es

☎ 981 555 888

Tamén che pode interesar