17 de maio de 2023: Día das Letras Galegas
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Editor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Formato :
- Electrónico
Información adicional :
Documentos anexos :
O 17 de maio de cada ano celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano dedicarase ao lucense Francisco Fernández del Riego, fundador da Editorial Galaxia, que, destaca a RAG, “foi un loitador cultural incansable… respectado por todos e aberto ás diversas manifestacións do galeguismo”.
A elección para esta celebración: coincidindo co día da publicación (en 1863, en Vigo) do primeiro exemplar da obra de Rosalía de Castro “Cantares Gallegos”, reflicte o rexeitamento da autora aos prexuízos contra a súa terra, á vez que deixa constancia dos costumes sociais e culturais galaicos desa época.
Queremos, polo tanto, aproveitar o Día das Letras Galegas para, ademais de reivindicar a súa figura como o punto de partida do “renacemento” cultural galego, destacar a súa contribución no impulso da igualdade de mulleres e homes.
Feliz Día das Letras Galegas!
Sigamos impulsando a igualdade!

8 de Marzo: Día Internacional da Muller
Leer mas
As empresas e a igualdade: Plans de igualdade – 2021
Leer mas
Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade. Capítulo 2. Obrigatoriedade.
Leer mas
Contacta coa
CEG