gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Xornada sobre adaptación dos protocolos de acoso

Xornada sobre adaptación dos protocolos de acoso

O Convenio da OIT número 190, (21 de xuño de 2019) sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo (en diante, o Convenio) e a Recomendación número 209 que o complementa é o primeiro Tratado Internacional que aborda a violencia e acoso no traballo de forma integral.

No BOE do 16 de xuño publícase o Instrumento de adhesión de España ao Convenio da Organización Internacional do Traballo núm. 190, sobre a eliminación da violencia e o acoso no mundo do traballo, que entrou en vigor o 25 de maio de 2023.

A entrada en vigor do Convenio 190 obriga á adaptación dos protocolos de acoso a este.

Por outra parte os protocolos de acoso deben ter en conta a necesaria adaptación a outras normas como a Lei 15/2022, do 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación e a Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.  

O obxectivo desta xornada é dotar ás persoas asistentes dos coñecementos necesarios sobre estas normas, para unha correcta adaptación ás mesmas.

Data: 26 de outubro de 2023.

Lugar: Sede CEG. Santiago de Compostela.

Modalidade: Presencial.

Duración: 2,5 horas.

Coa financiación de:

 

 

 

 

 

 

 

 

Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia
Descargar programa

Inscrición cerrada

A data de inscrición finalizou.