Xornada “Mobilidade laboral transfronteiriza e traballadores nacionais de terceiros Estados na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal”- 25/03/2026
A mobilidade laboral transfronteiriza é a razón de ser da rede EURES na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal. Cada día, persoas que residen a un e outro lado da fronteira traballan no territorio veciño, contribuíndo a un mercado laboral compartido que require información clara, coordinación institucional e seguridade xurídica.
Neste contexto, tamén participan nacionais de Estados terceiros con autorización de residencia e traballo en España ou portugal, que amosan interese por acceder a oportunidades laborais ó outro lado da fronteira. Ao mesmo tempo, moitas empresas amplían a súa busca de talento dentro do espazo transfronteirizo para cubrir determinados perfís profesionais.
Esta xornada analizará como se encadra a participación destes traballadores no mercado laboral compartido Galicia–Norte de Portugal, abordando os requisitos, límites e oportunidades para empregadores, profesionais e administracións, nun contexto europeo marcado pola recente estratexia en migración e asilo presentada pola Comisión Europea.
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Eures
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.