Webinar informativo sobre Certificados de Aforro Enerxético (CAEs) – 26/06/2026
O consorcio Galactea Plus, ao que pertence a Confederación de Empresarios de Galicia, organiza o webinar Certificados de Aforro Enerxético (CAES): claves prácticas e oportunidades de monetización, o próximo 26 de xuño, co obxectivo de informar empresas sobre o funcionamento dos Certificados de Aforro Enerxético (CAES) e as oportunidades que ofrecen no ámbito da eficiencia enerxética.
Os CAEs constitúen un instrumento que permite recoñecer e pór en valor os aforros enerxéticos derivados de actuacións de mellora, posibilitando o seu potencial monetización.
Durante a sesión presentarase tamén o servizo de apoio a empresas da Enterprise Europe Network, rede europea que ofrece servizos de asesoramento e acompañamento a pemes en materia de innovación, sustentabilidade e internacionalización.
Mais información e inscricións:
Webinar: CAES y oportunidades de monetización para empresas – EEN GalacteaPlus Blog
- Confederación de Empresarios de Galicia
- EEN-GalacteaPlus